Project Description

JOSÉ LUIS VEIRAS MANTEIGA

Artista multidisciplinario noiés, nado en 1949. Reside en Francia de 1974 a 2001, ano do seu retorno definitivo.
En 1975, participa na primeira exposición colectiva e en 1976 realiza a súa primeira exposición persoal na cidade de LAVAL ( FRANCIA ). En 1977 ilustra o libro “ESPAGNOL, SISTEMA BÁSICO de E. Fernández, e en 1977 ENGLISH FOR INFANTS de Craig Harris. En 1982 realización de cinco pinturas para Igrexa Parroquial de STT. PIERRE LA COUR. En 1984 cos pintores Jean CHEVALIER, Yves GRUDÉ e Michel MAURICE, crean o colectivo ART-VIF. En 1984 gañador do Concurso de Carteis en NOIA. En 1986 Grand Prix de pintura do Salón de CHÂTEAU-GONTIER e en 1987 Grand Prix du Salón d’ERNÉE. En 1986 co grupo ART-VIF finalista do Concurso DÉCORATION GARE de LAVAL. Este mesmo pinta o mural para o Centre d’Accueil en ST. PIERRE LA COUR. No ano seguinte aproveitando que expoñen en SARGADELOS de Santiago, os tres membros de Art-Vif, J. CHEVALIER, Y. GRUDÉ e VEIRAS MANTEIGA, realizan una
pintura mural na SOCIEDADE LICEO de NOIA.

No ano 2003 os libros O BOTÍN DA INMORTALIDADE de Francisco VIDAL e RUMBO
AO MALUCO de Xosé AGRELO HERMO. En 2007 ilustración de O ESQUÍO E A ANDURIÑA de Ramón CARREDANO. En edición de Aurora MARCO , no 2009 ilustra O CABALO DE VIDRO de Antón AVILÉS DE TARAMANCOS. En 2014 e 2015 debuxa os libros de Pilar SAMPEDRO, DE QUEIRUGA e UNHA VEZ…DESAPARECEU O MAR. En 2019 publica o poemario da súa autoria, FISTERRAS. Colabora ilustrando NAO, NAITO, HORREO,CARABELA DE XIADA, CASA DE GRAMÁTICA,ALAMEDA, AS AFORAS DO SOÑO, e tamén con textos , NI VU NI CONNU e BARBANZA.

GALERÍA DE FOTOS

CONTACTO E REDES SOCIAIS

696 08 80 54
veirasluis@yahoo.es