Project Description

JESÚS COSTA BEIRO

Noia 1951. Estuda na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Barcelona. 1968 Comeza a súa vida laboral como debuxante en diversas empresas de artes gráficas: Atelier SA, Martz Schmidt Art, Litho Formas.

Cursos e talleres: Gravado, Moldes e novos materiais aplicados á arte, fotografía e serigrafía. Funda o grupo de pintores, TARLATANA levando a cabo diversas actividades artísticas e solidarias, colaborando en proxectos de diversas Ongs: Fundación Vicente Ferrer, Pallassos Sense Fronteres, Afanoc, AC Fibrosi Quística. Organiza a exposición de pintura no Centro Comercial MAX Center de Hospitalet de Llobregat,”11 pintores galegos” Coordina o proxecto “Bon Nadal des de l’aire” Exposición de pintura en rúas e prazas de Llinars del Vallès (Barcelona), realizadas por alumnos das escolas.

Conxuntamente con Joan Sala Vila edita o libro de poemas e pinturas, “Ulls dels temps ploren”,
prólogo de Josep M. Cadena. Ilustra as revistas “Lua”, “Nos”, “ Xurdimento” e o libro “ Coctel de l’Avi” Exposicións: Barcelona. Madrid. Almazan (Soria). Holguin (Cuba). “Lembrando a Castelao”, Torre Vella de Salou (Tarragona). Noia (A Coruña). “Tres miradas, tres sensacións” Ajuntament Vell de Calella (Barcelona). “Una mirada als mestres” La Rectoria Vella, Sant Celoni (Barcelona). Gerona. “5 Pinturas “ Ajuntament Vell de Calp (Alicante).

CONTACTO E REDES SOCIAIS