Project Description

ALFONSO COSTA

Nace en Noia (A Coruña) 1943. Estuda na Escola de Artes e Oficios. “ Llotja” de Barcelona.
Membro do Padroado do Museo do Gravado de Artes. Ribeira. Membro fundador do Foro Cultura Solidaria Galega. Expón en distintas cidades do Estado Español e en varios países: Suíza, Italia, Bélxica, Alemaña, Cuba, México, Francia, Miami, Brasil, etc. Participa nas Feiras Internacionais de Arte de Basel (Suíza), París, Arco- Madrid, Dusseldorf (Alemaña), Barcelona, Lisboa (Portugal), etc. Realiza varios cartafoles de aguafuertes con poemas de Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Cesáreo Rodríguez Aguilera, Salvador García Bodaño, Gerard Vergés, Eva Veiga, etc.

Pintura mural: Instituto Frenopático, Cárcere Modelo e Penitenciaría de Mozos en Barcelona. Polideportivo de Ulldecona (Tarragona). Casa dá Cultura de Porto do Son (A Coruña). Instituto Xelmirez en Santiago de Compostela. Instituto Virxe do Mar, Coliseo Noela e Sociedade Liceo de Noia. Colexio San Roque en Viveiro (Lugo).

Realiza ademais, escultura, fotografía, decorados para teatro e televisión, ilustracións de libros e carteis. Colabora co Grupo Poético-musical Ouriol. Tamén dirixe desde o ano 1995 o Taller de gravado do Liceo de Noia.

CONTACTO E REDES SOCIAIS