Project Description

MONOULIOUS DOP

Dous planetas de gran tamaño colisionaron nunha galaxia lonxana, percibindo na terra esa gran vibración cósmica. Debido a ese astrolóxico fenómeno, o ADN de dous humáns comúns modificouse dando lugar a dous seres cun nivel de paiasada nunca antes visto. Conta a lenda que se eses dous seres se encontrasen en vida, forxarían xuntos a banda máis flipante do universo, feito que ocorreu na última metade, da primeira década da primeira metade do novo milenio. O demais xa é historia… Hai quen di que non se pode pronunciar o seu nome, o risco dun cataclismo a nivel planetario podería acontecer debido ao poderoso da súa sonoridade… Así con todo eles son Monoulious DOP, contratádeos, teñen fame e frío.

CONTACTO E REDES SOCIAIS

630 230 631
630 230 631