Project Description

ALEJANDRO GUILLERMO LARROSA

Hai 11 anos que vin vivir a Galicia (Noia) desde Uruguai onde nacín no ano 1964. Teño formación superior en Dirección musical con especialización en dirección de coros e conxuntos vocais. As dificultades que supoñen para unha persoa «non galega» tentar abrirse camiño na profesión musical han obrigado a que teña que re-inventarme como músico, facendo tarefas que non pertencen especificamente ao terreo da dirección de grupos musicais, pero que realizo con moito agrado. Entre elas está a docencia (piano – guitarra – canto). Tamén me dedico a cantar e tocar o órgano en servizos relixiosos de calquera natureza. A pandemia, as súas restricións e o medo xerado na xente, significaron un duro golpe aos grupos vocais que dirixía particularmente, ao Grupo Vocal e Instrumental Atlántico e ao Coro de Mozos do Concello de Noia. Son tamén director do Grupo vocal e instrumental «A Misela» pertencente á Sociedade Liceo de Noia e do Coro Parroquial de Santa Cristina de Barro. Tamén son compositor, compoñendo moitas obras musicais tanto de perfil popular como clásico. Como poderán apreciar, considérome un músico polifacético e sempre aberto a novas propostas e achegar e sumar todo o que sexa posible.

CONTACTO E REDES SOCIAIS

650065740