Loading...

COÑECE MÁIS SOBRE ESTE PROXECTO

Habelos Hailos é unha plataforma cultural que ten o obxectivo de difundir e dar a coñecer o traballo e talento dos artistas do ámbito local. A plataforma acollerá artistas de distintos espazos, como a música, o teatro, a danza, a literatura, a pintura, o cine, a arquitectura, a escultura, a fotografía ou outros similares. A nosa visión é converternos nunha plataforma de referencia a nivel cultural en toda Galicia, dando a coñecer os artistas galegos ao público, poñéndoos ademais en contacto con posibles clientes.

As persoas que accedan a esta plataforma poderán informarse dos artistas locais e coñecelos mellor, tendo en conta que pode chegar a ter unha conversión a modo de contratación ou venta de produtos. Habelos Hailos tamén é unha plataforma ao servizo das empresas galegas, que queiran apostar polos artistas locais para contratacións e ventas.