Project Description

SARA IGLESIAS

Son Sara Iglesias, Ilustradora. Especialízome na creación de historias e imaxes que tratan diversos temas de actualidade. Nelas, tanto as personaxes femininas como a natureza cobran forza. Ademais, os problemas ambientais están moi presentes no meu traballo. En maio do 2017, realicei unha miscelánea de obras sobre Xoana ( personaxe que deseñei e aparece en moitas das miñas obras) na Casa Museo María Pita. En febreiro do 2020 presentei “Involución”, unha serie de ilustracións que fai reflexionar sobre as accións humanas cara o planeta Terra. Agora, colaboro en varios proxectos didácticos en diversas escolas. Invítovos a viaxar polo mundo de Dipladenia del Viento, onde todo é posible… E recordade… “Deixade que a imaxinación voe, dende as nubes vese todo diferente”.

CONTACTO E REDES SOCIAIS

679202568
dipladeniadelviento.wordpress.com