Project Description

CAROLINA AGEITOS

Nada o 25 de decembro de 1997, considérome unha artista multidisciplinar, cunha liña de traballo artístico enfocado na literatura, música, deseño gráfico e investigación. Seleccionada no X Encontro de Artistas Novos organizado pola Xunta de Galicia, son graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2015-2020) e titulada no grao profesional de piano no Conservatorio Municipal Felipe Paz Carbajal de Noia (2005-2015). Actualmente vou comezar a estudar un Máster en Estudos Comparados de Arte, Literatura e Pensamento na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. Publiquei e maquetei o meu primeiro libro de poesía con 20 anos, e organicei eu mesma a presentación literaria na Casa da Cultura de Noia. A día de hoxe estou redactando a miña segunda publicación poética. O meu proxecto final de carreira foi unha obra artística baseado no tarot e nos estudos místicos contemporáneos, feito polo cal fun contactada pola Deputación de Coruña este verán 2021 para impartir talleres de tarot no programa Mocidade Creativa

639475451
carolinabreart@gmail.com